jueves, 25 de febrero de 2010

Certame literario 2010


Como muchos ya sabréis el conservatorio está organizando, junto con el departamento de cuerda frotada y el de Normalización Lingüística, un certamen literario para todos los alumnos del conservatorio que quieran participar. Aquí os dejo las bases y el enlace oficial donde las podéis encontrar también:

PARTICIPANTES

Poderán participar tódolos alumnos e alumnas matriculados no centro no curso 2009-2010. Establécense tres categorías:
Categoría A: alumnos/as entre 8 e 11 anos.
Categoría B: alumnos/as entre 12 e 15 anos.
Categoría C: alumnos/as maiores de 16 anos.
Deberase ter esa idade no dia en que remate o prazo de inscrición.

MODALIDADES

Haberá dúas modalidades: conto e poesía. En ambos casos os traballos deberán estar redactados en galego e tercomo eixo central o tema da música.
Na modalidade de conto os traballos presentaranse en Times New Roman ou similar, tamaño 12 e interliñado de1,5. Os textos presentados terán unha extensión mínima de 2 páxinas non debendo superar en ningún caso as 5 páxinas.
Na modalidade de poesía os traballos presentados terán unha extensión mínima de 15 versos non debendo superar en ningún caso os 50 versos.

PRAZO DE INSCRICIÓN E MODO DE ENTREGA

Os traballos presentaranse por triplicado e asinados cun seudónimo. Xunto co traballo deberá achegarse un sobre pechado no que figuren no exterior o seudónimo e no interior os datos persoais do participante. Na portada de cada traballo figurará, ademais do título e do seudónimo, a categoría e modalidade na que participa.
Poderán presentarse na conserxería e na secretaría do centro sendo o 9 de abril de 2010 a data límite para facelo.

XURADO

O xurado estará composto por distintos representantes da comunidade escolar e a súa composición farase pública
antes do día 9 de Abril.

PREMIOS

Haberá un premio por categoría e modalidade, aínda que o xurado poderá outorgar accésits a aqueles traballos que así o merezan.

ENTREGA DE PREMIOS

O 18 de maio de 2010 celebrarase no Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Ourense un acto no que se procederá á entrega de premios e se dará lectura aos textos galardoados.


Animádevos a participar!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Deja aquí tus comentarios